O día 16 de maio celébrase o día do síndrome CDG.
Dende o centro queremos dar visibilidade a esta enfermidade rara, pouco investigada pero que afecta gravemente ás persoas que a padecen, polo que require maior financiación e por suposto, empatía e comprensión.
O alumnado de 1º amosouse moi implicado, achegando algo tan complexo aos pequenos/as mediante un breve conto adaptado ao seu nivel.
GLICOLANDIA E AS ANTENAS DE CORES
Un dos alumnos quixo ofrecer o seu coñecemento sobre o tema e compartiu con todos nós a mensaxe escondida no logo da súa camiseta, así como algúns datos moi interesantes sobre as limitacións que xera: coma a dificultade para camiñar, perda de visión... entre outras moitas.
O alumnado plasmou o seu cariño e empatía nunha actividade enfocada en representar o logo, cun lixeiro guiño ás bolas coloridas protagonistas do conto. En lugar das tradicionais mans, apostamos por facer boliñas de cores que permitiran ás formigas do conto chegar ao seu destino.
Este síndrome, denominado Desordes Conxénitas de Glicosilación, está encadrado dentro das enfermidades raras. Unha dolencia hereditaria que afecta á biosíntese das glicoproteínas. Para máis información deixo enlace á páxina web da asociación española da mesma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario