Actividades de repaso

COMPRENSIÓN LECTORA


Para imprimir










Para jugar online










ORTOGRAFÍA Y GRAMÁTICA








 

                                                                       


            


CÁLCULO


Para imprimir
















Para jugar online


















DECENAS Y UNIDADES

















PARES E IMPARES












Día do CDG

 O día 16 de maio celébrase o día do síndrome CDG.

Dende o centro queremos dar visibilidade a esta enfermidade rara, pouco investigada pero que afecta gravemente ás persoas que a padecen, polo que require maior financiación e por suposto, empatía e comprensión.

O alumnado de 1º amosouse moi implicado, achegando algo tan complexo aos pequenos/as mediante un breve conto adaptado ao seu nivel.

GLICOLANDIA E AS ANTENAS DE CORES 


DEIXO ENLACE AO CONTO PARA QUE OS INTERESADOS/AS POIDADES TAMÉN DESFRUTAR DO MESMO EN FAMILIA.


Un dos alumnos quixo ofrecer o seu coñecemento sobre o tema e compartiu con todos nós a mensaxe escondida no logo da súa camiseta, así como algúns datos moi interesantes sobre as limitacións que xera: coma a dificultade para camiñar, perda de visión... entre outras moitas.


O alumnado plasmou o seu cariño e empatía nunha actividade enfocada en representar o logo, cun lixeiro guiño ás bolas coloridas protagonistas do conto. En lugar das tradicionais mans, apostamos por facer boliñas de cores que permitiran ás formigas do conto chegar ao seu destino.


Este síndrome, denominado Desordes Conxénitas de Glicosilación, está encadrado dentro das enfermidades raras. Unha dolencia hereditaria que afecta á biosíntese das glicoproteínas. Para máis información deixo enlace á páxina web da asociación española da mesma.



Dia do neno hospitalizado

Os nenos e nenas de primeiro temos moi en conta aos nosos compis que lles toca estar ingresados. Por iso enviámoslles os nosos mellores desexos. Moito ánimo amiguiños, e grazas aos que nos coidan la planta 3.

A POLAS MATES

 AQUÍ VOS DEIXAMOS UNS RETOS PARA ENTRENAR O CEREBRO A TOPE